Ata pronto
Para concluir a nosa andanza por este blog, queremos contarvos un pouco o que supuxo para nós, en canto a aprendizaxes se refire, a realización do mesmo e de todo o material que podedes atopar nel.
Ningunha de nós tiña coñecemento sobre a creación ou uso desta ferramenta, polo que tivemos que aprender dende cero e a pesar de tódalas trabas que nos puidemos atopar no camiño, aquí estamos, despedíndonos de vós.
A nosa andanza comezou con moita ilusión, a cal non perdimos ata o día de hoxe, inda que tamén a realización deste nos supuxo certos quebradeiros de cabeza.
Facendo un recorrido por este tempo que levamos aquí, decatámonos de que cando chegamos non sabíamos utilizar ningunha das aplicacións e páxinas coas que fixemos case a totalidade das actividades que aquí atoparedes. Así como tampouco sabíamos como afrontar a creación dun blog e agora somos (case) unhas expertas.
Esta actividade serviunos para decatarnos de que o coñecemento sobre todos os recursos tecnolóxicos que temos á nosa man os futuros/as docentes é case nulo, a pesar de que nos empeñamos en pensar o contrario. Tamén nos demos de conta de que algo coma un blog, que dende fora parece tan simple, pode ser unha moi útil ferramenta en tempos como os que nos toca vivir; pois puidémonos achegar ao alumnado dun xeito sinxelo, dando lugar a unha comunicación fluída e que seguramente resulte para eles/as máis atractivo e motivador.
E agora si, tócanos despedirnos. Inda que quen sabe... quizais no futuro nos volvamos atopar por aquí.
Moitas grazas por acompañarnos nesta viaxe e... ATA PRONTO!!
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Fonte: GIPHY
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios
Publicar un comentario