Paso palabra!

Nesta última sesión imos a facer un repaso do material visto nas dúas sesións anteriores. Pero como xa sabedes, non nos gusta o sinxelo e encántanos divertirnos aprendendo. Por iso o noso repaso non ía ser menos, e para el contamos cunha actividade, que dende o noso punto de vista, resulta moi entretida (os/as máis atentos/as xa saberán de que se trata polo nome deste post). 
De non telo inda claro, coa pista que vos imos a dar agora de seguro o adiviñades!



Accede á actividade aquí!



Agora de seguro que non queda ningunha dúbida. 
Iso é! Trátase dun rosco no que se propoñen unhas premisas relacionadas coa materia da enerxía e a concienciación co aforro de enerxía e reciclaxe, cuxa resposta é unha palabra que comeza ou contén a letra do abecedario correspondente. 
Desta volta o programa que utilizamos para crear esta actividade foi Educaplay, un programa online que nos resultou moi doado de utilizar xa que resulta moi intuitivo e non presenta ningún problema á hora de xerar as actividades. Isto non quere dicir que durante todo o proceso non xorderan dúbidas.
Pois si ben é certo, como acabamos de comentar, que o programa é de fácil uso, iso é cando xa o coñeces posto que, de non facelo quizáis te atopes con dúbidas que "estribillando" un pouco podes solventar. Dicir que o que máis tempo nos levou, ademais de pensar as premisas para todas as letras, foi conseguir subir o proxecto unha vez terminado á paxina, pois debe seguir unha serie de parámetros e ainda que nós queriamos que o alumnado puidera ter a oportunidade de rematar a actividade independentemente do número de fallos non puido ser, posto que de non establecer un máximo de dez fallos non nos permitía gardar a tarefa. 
Ah! Que nos olvidabamos! Se queredes ver o resultado final da actividade non tedes máis que clicar na fotografía e... que comece o xogo!

Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios