O prometido é débeda.

Recordades a última entrada??
Agardamos que si, xa que hoxe imos destapar a última parte desta sesión...


Fonte: Giphy

Para comezar, gustaríanos remarcar que para finalizar esta sesión, tiñamos pensadas dúas actividades das que soamente vos deramos unhas pistas...

Pois ben, para aqueles que non as adivinastes..., estas son: 
un xogo de memoria e un aforcado!!!

Ambas actividades foron creadas co programa Ardora, o cal tras ser utilizado para crear unha sopa de letras, xa foi moito máis doado de utilizar, e menos mal!

O xogo de memoria foi algo máis latoso que o aforcado, xa que para facelo tivemos que buscar un montón de imaxes en Google, pero aínda así cremos que paga a pena, xa que é moi entretido e para aquel alumnado con memoria fotográfica, vai ser aínda moito máis útil. 

Por outra parte, no xogo do aforcado tivemos que pensar nos conceptos que queriamos introducir, pero foi bastante sinxelo. Na nosa opinión foi así xa que as nosas competencias dixitais están mellorando considerablemente a medida que imos avanzando con esta actividade. Aquí deixámosvos unhas imaxes dos xogos, xa que como xa dixemos noutra entrada, debido ao programa no que están feitos non podemos poñelos a vosa disposición mediante este blog:


Por último, tamén nos atopamos con difilcultades á hora de compartir o arquivo entre nós, pero iso foi porque olvidamos que tiñamos que seguir unha serie de pasos máis complexos do que parecían...
Fonte: Giphy
Esperamos que a espera pagara a pena!

Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios

Entradas populares de este blog

Paso palabra!