Benvid@s!!!!!!!
Benvidos e benvidas ao noso blog, somos Paula Veiga, Raquel Suárez e Laura Sanluis, estudantes do primeiro ano do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, na Universidade de Santiago de Compostela. Mediante este blog tentaremos amosarvos a nosa experiencia creando un material didáctico orientado a nenos e nenas de 10 anos. Aínda así, tentaremos crear un material que poidan utilizar tanto nenas/os coma docentes. O motivo principal polo que eliximos alumnado de 5º de Educación Primaria para este proxecto didáctico é que a base do mesmo serán as TIC, polo cal é preciso que o alumnado teña un coñecemento destas e unha certa autonomía que non se tería adquirido en idades máis baixas. A nosa andanza comezou escollendo o tema do material que iremos creando e vos iremos ensinando ao longo das vindeiras semanas. O tema gañador foi "A materia e a enerxía", da área de Ciencias da Natureza, xa que nos parece un tema que se pode explicar con máis facilidade se poñemos a disposición...