Guía Didáctica
Hoxe voltamos para explicar e relatar como foi o proceso de creación da nosa Guía Didáctica. Pero, antes de comezar teremos que resolver a dúbida que case seguro tendes todos e todas agora mesmo..., que é unha Guía Didáctica?
Unha ferramenta encargada de por en contexto o emprego do material didáctico que fomos creando ao longo das diferentes sesións sobre 'A materia e a enerxía'. Pois nela, fomos recollendo moita información acerca do proceso de creación de material dixital. Entres eles os destinatarios, os recursos necesarios, o listado de actividades, os tipos de materiais empregados, etc.
Ler este documento axudounos moito para entender o concepto de Guía Didáctica, aínda que había un apartado no que tiñamos algunha que outra dúbida ao ser un engadido: a xustificación dos tipos de materiais empregados. Con todo, conseguimos solventar calquera das súbidas suscitadas a partir da realización deste apartado ao ter moi claro o que queriamos conseguir no noso alumnado..., unha aprendizaxe significativa.
![]() |
| Fonte Giphy |
Unha vez rematada a tarefa, podemos dicir que foi un proceso máis sinxelo do que esperabamos en comparación coas outras partes do proxecto.

Comentarios
Publicar un comentario