Ata pronto
Para concluir a nosa andanza por este blog, queremos contarvos un pouco o que supuxo para nós, en canto a aprendizaxes se refire, a realización do mesmo e de todo o material que podedes atopar nel. Ningunha de nós tiña coñecemento sobre a creación ou uso desta ferramenta, polo que tivemos que aprender dende cero e a pesar de tódalas trabas que nos puidemos atopar no camiño, aquí estamos, despedíndonos de vós. A nosa andanza comezou con moita ilusión, a cal non perdimos ata o día de hoxe, inda que tamén a realización deste nos supuxo certos quebradeiros de cabeza. Facendo un recorrido por este tempo que levamos aquí, decatámonos de que cando chegamos non sabíamos utilizar ningunha das aplicacións e páxinas coas que fixemos case a totalidade das actividades que aquí atoparedes. Así como tampouco sabíamos como afrontar a creación dun blog e agora somos (case) unhas expertas. Esta actividade serviunos para decatarnos de que o coñecemento sobre todos os recursos tecnolóxicos que temos...