As aparencias enganan...
Ningunha de nós fixera anteriormente uso da plataforma (https://www.blogger.com/about/?r=1-null_user), polo que consideramos oportuno relatar como foi a parte máis escura de todo o proceso... É dicir, as dificultades suscitadas da realización do blog. Non todo é tan doado como parece!
As principais problemáticas xeráronse en torno a certos puntos que comentaremos a continuación:
- Froito do noso descoñecemento sobre o programa, pensabamos que era moi intuitivo. Intuitivo sobre todo para poder deseñalo ao noso gusto e estruturalo da maneira que considerásemos máis oportuna. Pero houbo unha sorpresa e como boas principiantes que somos..., equivocámonos e poderíase dicir que moito!!!
- O que máis preocupación xerou en nós foi sen ningunha dúbida a estética das nosas entradas, xa que non eramos capaces de atopar a solución ao seguinte problema:
Agora damos un pequeno paso atrás e vemos estas anécdotas como meras experiencias que nos permiten a día de hoxe ser máis competentes empregando as TIC. Mais non vos queremos enganar..., no momento xeraron un clima de frustación e desesperación entre nós.
As principais problemáticas xeráronse en torno a certos puntos que comentaremos a continuación:
- Froito do noso descoñecemento sobre o programa, pensabamos que era moi intuitivo. Intuitivo sobre todo para poder deseñalo ao noso gusto e estruturalo da maneira que considerásemos máis oportuna. Pero houbo unha sorpresa e como boas principiantes que somos..., equivocámonos e poderíase dicir que moito!!!
- O que máis preocupación xerou en nós foi sen ningunha dúbida a estética das nosas entradas, xa que non eramos capaces de atopar a solución ao seguinte problema:
- Pois ben, cada nova entrada que publicabamos aparecía cunha letra, tamaño e cor diferentes, malia seguir sempre os mesmos pasos (times+ normal+ negro).
Sodes capaces de percibir os cambios dunha imaxe a outra?
- As dificultades dentro desta plataforma seguiron medrando.
Pois tiñamos cada vez máis entradas e o blog estaba bastante desordeado nese aspecto. Polo que non nos convencía demasiado a súa aparencia. Debido a iso, pensamos que a mellor forma de organizalo era mediante a creación de páxinas asociadas a cada sesión. De maneira que fose moi doado acudir a unha sesión determinada, ademais de máis visual.
Pero o proceso complicouse e vímonos obrigadas a ver vídeos tutoriais...
| https://youtu.be/JmO3sZIgZvk |
Pero aquí estamos..., conseguímolo!
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Comentarios
Publicar un comentario