Con S de Scratch...
Ola!!! Xa estamos aquí de novo! Comentaremos neste post o proceso de realización da segunda sesión. Pois ben, podemos dicir que pasou nun primeiro momento por unha fase de inquedanza ao non ter moi claro como iamos tratar os contidos. Estes tiñan que ver cos problemas do uso da enerxía, os impactos ambientais, o esgotamento de recursos... Unha temática que ao noso parecer é moi importante. Debido a iso quixemos facer uso do programa Scratch, co que xa traballáramos por enriba nunha das sesións CLIL. O que pretendemos conseguir mediante este pequeno proxecto é dar unha breve explicación sobre a necesidade de coidar o planeta ligado a novas formas de aforrar enerxía. Consideramos oportuno polo tanto, introducir un audio na medida que avanzaba a explicación, aproveitando este recurso para realizar algunha pregunta ao alumnado para que fose máis interactivo. Malia que poida parecer doado nun primeiro intre, tivemos que ver un tutorial para refrescar a nosa memoria. Fonte ...