E de repente... apareceron os problemas!

A última actividade desta primeira sesión baséase na realización dunha sopa de letras. O que pretendemos mediante esta tarefa e que os/as nenos/as repasen os termos máis importantes do tema, os cales foron vendo ao longo da sesión. Deste modo traballarán dunha forma máis interactiva e dinámica.

No momento de realizar esta actividade atopámonos con moitas problemáticas, ao ser a primeira vez que faciamos uso do recurso Ardora. Debido a isto, decidimos ver todos os vídeos que estiveron a nosa disposición para conseguir, sobre todo, descargar as actividades. Un proceso complexo para nós, polo que tivemos que empezar a enviar correos para intentar solventar as dúbidas ao que se lle uniu a imposibilidade de traballar todas dende o mesmo sitio.

Aínda que a nosa idea era dar acceso a actividade a través dun enlace no blog e que o alumnado a fixera, decidimos amorsarvos finalmente o resultado da realización de dita actividade mediante dunha imaxe debido a imposibilidade de facer o anteriormente dito.



Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios

Entradas populares de este blog

Paso palabra!