Entradas

Ata pronto

Imagen
Para concluir a nosa andanza por este blog, queremos contarvos un pouco o que supuxo para nós, en canto a aprendizaxes se refire, a realización do mesmo e de todo o material que podedes atopar nel. Ningunha de nós tiña coñecemento sobre a creación ou uso desta ferramenta, polo que tivemos que aprender dende cero e a pesar de tódalas trabas que nos puidemos atopar no camiño, aquí estamos, despedíndonos de vós. A nosa andanza comezou con moita ilusión, a cal non perdimos ata o día de hoxe, inda que tamén a realización deste nos supuxo certos quebradeiros de cabeza. Facendo un recorrido por este tempo que levamos aquí, decatámonos de que cando chegamos non sabíamos utilizar ningunha das aplicacións e páxinas coas que fixemos case a totalidade das actividades que aquí atoparedes. Así como tampouco sabíamos como afrontar a creación dun blog e agora somos (case) unhas expertas. Esta actividade serviunos para decatarnos de que o coñecemento sobre todos os recursos tecnolóxicos que temos...

As aparencias enganan...

Imagen
Ningunha de nós fixera anteriormente uso da plataforma ( https://www.blogger.com/about/?r=1-null_user ), polo que consideramos oportuno relatar como foi a parte máis escura de todo o proceso... É dicir, as dificultades suscitadas da realización do blog. Non todo é tan doado como parece! As principais problemáticas xeráronse en torno a certos puntos que comentaremos a continuación: - Froito do noso descoñecemento sobre o programa, pensabamos que era moi intuitivo. Intuitivo sobre todo para poder deseñalo ao noso gusto e estruturalo da maneira que considerásemos máis oportuna. Pero houbo unha sorpresa e como boas principiantes que somos..., equivocámonos e poderíase dicir que moito!!! - O que máis preocupación xerou en nós foi sen ningunha dúbida a estética das nosas entradas, xa que non eramos capaces de atopar a solución ao seguinte problema: Pois ben, cada nova entrada que publicabamos aparecía cunha letra, tamaño e cor diferentes, malia seguir sempre os mesmos pasos ( times+ no...

Guía Didáctica

Imagen
Pensabades que non iamos volver?? Pois estabades bastante equivocados/as.... Hoxe voltamos para explicar e relatar como foi o proceso de creación da nosa Guía Didáctica. Pero, antes de comezar teremos que resolver a dúbida que case seguro tendes todos e todas agora mesmo..., que é unha Guía Didáctica? Unha ferramenta encargada de por en contexto o emprego do material didáctico que fomos creando ao longo das diferentes sesións sobre 'A materia e a enerxía'. Pois nela, fomos recollendo moita información acerca do proceso de creación de material dixital. Entres eles os destinatarios, os recursos necesarios, o listado de actividades, os tipos de materiais empregados, etc. Pero nós, nun primeiro momento non tiñamos moito coñecemento relativo a redacción dunha Guía Didáctica polo que decidimos facer uso dun documento guía publicado no Campus Virtual. No noso caso foi o seguinte:  Dramatización: Preparación de una representación teatral  (para Primaria, pp. 36-37),...

É este o final?

Como poderedes ver, atopámonos na última actividade que propoñemos para o repaso do tema da enerxía. Nesta sesión queremos continuar co repaso para que as aprendizaxes se asenten por completo e que o alumnado tan só teña que darlle unha lectura ou pequeno repaso final en caso de facer unha proba deste temario. Para finalizar e co obxectivo de que o alumnado traballe en equipo e amose as súas destrezas no uso de programas de creación de presentacións, propoñeremos a creación dunha presentación con diapositivas utilizando preferentemente o programa de Power Point, inda que de estar habituados a outro non habería problema algún. O que buscamos con esta actividade é que o alumnado faga un pequeno repaso mental polos materiais e os contidos que se lles ofreceron, os resuman e fagan unha pequena presentación de dez diapositivas como máximo, nas que poden facer uso dos materiais que crean convintes. Como cremos que o alumnado en quinto de primaria non conta cun coñecemento moi extenso ...

Paso palabra!

Imagen
Nesta última sesión imos a facer un repaso do material visto nas dúas sesións anteriores. Pero como xa sabedes, non nos gusta o sinxelo e encántanos divertirnos aprendendo. Por iso o noso repaso non ía ser menos, e para el contamos cunha actividade, que dende o noso punto de vista, resulta moi entretida (os/as máis atentos/as xa saberán de que se trata polo nome deste post).  De non telo inda claro, coa pista que vos imos a dar agora de seguro o adiviñades! Agora de seguro que non queda ningunha dúbida.  Iso é! Trátase dun rosco no que se propoñen unhas premisas relacionadas coa materia da enerxía e a concienciación co aforro de enerxía e reciclaxe, cuxa resposta é unha palabra que comeza ou contén a letra do abecedario correspondente.  Desta volta o programa que utilizamos para crear esta actividade foi Educaplay, un programa online que nos resultou moi doado de utilizar xa que resulta moi intuitivo e non presenta ningún problema á hora de xerar as actividad...

O prometido é débeda.

Imagen
Recordades a última entrada?? Agardamos que si, xa que hoxe imos destapar a última parte desta sesión... Fonte: Giphy Para comezar, gustaríanos remarcar que para finalizar esta sesión, tiñamos pensadas dúas actividades das que soamente vos deramos unhas pistas... Pois ben, para aqueles que non as adivinastes..., estas son:  un xogo de memoria e un aforcado!!! Ambas actividades foron creadas co programa Ardora, o cal tras ser utilizado para crear unha sopa de letras, xa foi moito máis doado de utilizar, e menos mal! O xogo de memoria foi algo máis latoso que o aforcado, xa que para facelo tivemos que buscar un montón de imaxes en Google, pero aínda así cremos que paga a pena, xa que é moi entretido e para aquel alumnado con memoria fotográfica, vai ser aínda moito máis útil.  Por outra parte, no xogo do aforcado tivemos que pensar nos conceptos que queriamos introducir, pero foi bastante sinxelo. Na nosa opinión foi así xa que as nosas competen...

Imos deixarvos coa inquedanza...

Imagen
Tras a visualización do filme creado con Scratch sobre o aforro pensamos que sería moi boa idea proporcionar tamén información acerca da reciclaxe nos contedores.  Polo que faremos uso dun vídeo que ao noso parecer exemplifica á perfección como facelo.  Queredes saber do que estamos a falar?? Pois clicade na seguinte imaxe! Fonte: https://youtu.be/YiHTNfKJwAw Do mesmo xeito, para que non quedara ningunha dúbida e a información se asentase da mellor das maneiras consideramos oportuno  deixar aquí presentes algunhas imaxes dos contedores que poden atopar os/as nenos/as nas rúas no seu día a día. Como nas nosas sociedades actuais impera a diversidade, tivemos que ter en conta tamén a poboación que vive no rural. Nenos e nenas que probablemente nunca viran contedores como o da roupa, aceite usado...  , considerados máis inusuais.                                   Co...