Imos deixarvos coa inquedanza...

Tras a visualización do filme creado con Scratch sobre o aforro pensamos que sería moi boa idea proporcionar tamén información acerca da reciclaxe nos contedores. 
Polo que faremos uso dun vídeo que ao noso parecer exemplifica á perfección como facelo. 
Queredes saber do que estamos a falar?? Pois clicade na seguinte imaxe!


Fonte: https://youtu.be/YiHTNfKJwAw
Do mesmo xeito, para que non quedara ningunha dúbida e a información se asentase da mellor das maneiras consideramos oportuno deixar aquí presentes algunhas imaxes dos contedores que poden atopar os/as nenos/as nas rúas no seu día a día.
Como nas nosas sociedades actuais impera a diversidade, tivemos que ter en conta tamén a poboación que vive no rural. Nenos e nenas que probablemente nunca viran contedores como o da roupa, aceite usado... , considerados máis inusuais.                                  



Contedor para o aceite






Contedor para a roupa e o calzado                           




Contedor para o papel e o cartón



Contedor para o plástico  

 Contedor para residuos orgánicos










Contedor para as pilas e baterías   


Contedor para o vidro



Fontes das imaxes: Google Imaxes.





Como cabe esperar temos un par de actividades preparadas. Nestas tentaremos que se produza unha aprendizaxe significativa no alumnado, mentres están pasando un bo rato.

Pero haberá unha diferenza con respecto ás outras sesións... Non vos imos dicir cales son, polo que gardaremos o segredo entre nós uns días.
Non somos tan malas!! Así que imos darvos unhas pequenas pistas...
 1. Nunha delas haberá que ir elixindo letras para así acadar a palabra final. Pero ollo! Tende coidado non digades moitas letras mal porque se completades o boneco...
2. Para este deberedes ter unha boa memoria e fixarvos moi ben donde esta cada carta.

Ata aquí podemos dicir.

Nos vos impacientedes moito... Moi pronto remataremos con esta incertidume. Ata entón, estade atentos ao próximo post!!


Fonte: Giphy




Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios

Entradas populares de este blog

Paso palabra!