É este o final?
Nesta sesión queremos continuar co repaso para que as aprendizaxes se asenten por completo e que o alumnado tan só teña que darlle unha lectura ou pequeno repaso final en caso de facer unha proba deste temario.
Para finalizar e co obxectivo de que o alumnado traballe en equipo e amose as súas destrezas no uso de programas de creación de presentacións, propoñeremos a creación dunha presentación con diapositivas utilizando preferentemente o programa de Power Point, inda que de estar habituados a outro non habería problema algún.
O que buscamos con esta actividade é que o alumnado faga un pequeno repaso mental polos materiais e os contidos que se lles ofreceron, os resuman e fagan unha pequena presentación de dez diapositivas como máximo, nas que poden facer uso dos materiais que crean convintes.
Como cremos que o alumnado en quinto de primaria non conta cun coñecemento moi extenso neste ámbito e co obxectivo de axudar, propoñemos a continuación un exemplo do que podería ser esta tarefa resolta.👀
No tempo restante tras realizar a actividade anterior, crearíanse os grupos de traballo e comezaríase a realizar a tarefa na aula, de xeito que se xorde algún problema ou dúbida poderían contar coa axuda do profesorado.
A idea desta actividade é que, finalmente o alumnado expoña ante os seus compañeiros e o profesorado a súa proposta de actividade invertindo os roles porfesorado-alumnado.
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Comentarios
Publicar un comentario