Benvid@s!!!!!!!
Benvidos e benvidas ao noso blog, somos Paula Veiga, Raquel Suárez e Laura Sanluis, estudantes do primeiro ano do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, na Universidade de Santiago de Compostela.
Mediante este blog tentaremos amosarvos a nosa experiencia creando un material didáctico orientado a nenos e nenas de 10 anos. Aínda así, tentaremos crear un material que poidan utilizar tanto nenas/os coma docentes.
O motivo principal polo que eliximos alumnado de 5º de Educación Primaria para este proxecto didáctico é que a base do mesmo serán as TIC, polo cal é preciso que o alumnado teña un coñecemento destas e unha certa autonomía que non se tería adquirido en idades máis baixas.
A nosa andanza comezou escollendo o tema do material que iremos creando e vos iremos ensinando ao longo das vindeiras semanas. O tema gañador foi "A materia e a enerxía", da área de Ciencias da Natureza, xa que nos parece un tema que se pode explicar con máis facilidade se poñemos a disposición do alumnado un material interactivo co que aprendan entreténdose, asentándose deste modo mellor os coñecementos.
Ao dispoñer de tantas ferramentas tecnolóxicas na aula, gustaríanos facer uso delas, buscando xerar no alumnado unha aprendizaxe significativa, afastándonos en consecuencia da metodoloxía tradicional, é dicir, da ensinanza- aprendizaxe a través da memorización, buscando polo tanto alcanzar uns coñecementos e levalos á práctica.
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Comentarios
Publicar un comentario