Con S de Scratch...
Ola!!! Xa estamos aquí de novo!
Comentaremos neste post o proceso de realización da segunda sesión.
Pois ben, podemos dicir que pasou nun primeiro momento por unha fase de inquedanza ao non ter moi claro como iamos tratar os contidos. Estes tiñan que ver cos problemas do uso da enerxía, os impactos ambientais, o esgotamento de recursos... Unha temática que ao noso parecer é moi importante. Debido a iso quixemos facer uso do programa Scratch, co que xa traballáramos por enriba nunha das sesións CLIL.
O que pretendemos conseguir mediante este pequeno proxecto é dar unha breve explicación sobre a necesidade de coidar o planeta ligado a novas formas de aforrar enerxía. Consideramos oportuno polo tanto, introducir un audio na medida que avanzaba a explicación, aproveitando este recurso para realizar algunha pregunta ao alumnado para que fose máis interactivo.
Malia que poida parecer doado nun primeiro intre, tivemos que ver un tutorial para refrescar a nosa memoria.
| Fonte Páxina Oficial de Scratch |
Ata aquí todo ben. Pero, comezaron a xurdir os primeiros problemas con cuestións como as seguintes:
- Como podo pasar dun fondo a outro?
- Gravei un audio pero segue soando. Como o paro?
- Poderei insertar un fondo que non apareza aquí?
![]() |
| Fonte: Giphy |
Preguntas ás que con paciencia e tempo chegáronlle as súas respectivas solucións.
O que tardamos en conseguir isto... E o simple que o vemos agora!!!
| Elaboración propia |
Un tempo despois conseguimos ter o proxecto rematado. Algunhas das nosas partes favoritas son as seguintes:
Aquí tedes o resultado da sesión de hoxe!!!! Vémonos moi pronto...
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios
Publicar un comentario