Os primeiros pasos...
Xa estamos aquí de novo!
Para esta primera sesión tivemos en conta a situación actual pola que estamos a pasar, na que os docentes deben reiventarse e impartir clases de xeito non presencial. Por iso, a nosa primeira proposta é un vídeo no cal explicamos a enerxía e as súas características a través de imaxes feitas por nós.
O que pretendemos con este vídeo é achegarnos ao alumnado, a pesar de non estar nunha aula e interactuar presencialmente, facéndoos deste modo partícipes no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
O que pretendemos con este vídeo é achegarnos ao alumnado, a pesar de non estar nunha aula e interactuar presencialmente, facéndoos deste modo partícipes no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Aquí vos deixamos o resultado de dito vídeo:
https://drive.google.com/open?id=1im0wHkllJoi6aZ-U58L0K9qtYbD4oYzu
https://drive.google.com/open?id=1im0wHkllJoi6aZ-U58L0K9qtYbD4oYzu
Tras a visualización do vídeo encomendado, propoñemos a seguinte actividade:
- Realizar, de xeito individual, un mapa conceptual axudándose da aplicación que aparece no seguinte enlace: https://lucidchart-diagrams-desktop.softonic.com/, a través do cal, de xeito online, poden realizala.
- Para que o alumnado se oriente no momento de realizar a actividade, colgamos unha posible solución á tarefa realizada por nós despois de visualizar o vídeo.

Como todos/as sabemos, non todo o alumnado ten a posibilidade de escanear ou imprimir o material que os/as mestres/as suben as plataformas dixitais para que o poidan facer dende as súas casas. É por isto que na nosa opinión, a maneira máis xusta de facer esta tarefa é a través desta páxina online, xa que así tamén contan coa posibilidade de enviarlle o mapa conceptual ao/a profesor/a, podendo recibir un feedback.
A finalidade desta actividade (baseada no método construtivista) é que o alumnado recoñeza os contidos realmente importantes e poida crear os seus propios coñecementos, posto que a pesar de que somos nós quen lles entregamos o contido, serán eles e elas os/as encargados/as de estruturar e interiorizar a nova información acadando unha aprendizaxe significativa.
En canto ás dificultades que nos atopamos á hora de realizar esta sesión, cabería destacar que a realización do vídeo, viuse afectada ao non compartir ambas o mesmo espazo para gravalo. Por iso pódense apreciar cambios de fondo, luz, calidade e materais, que poderían distraer ao alumnado do realmente importante, que é a información.
No que concerne ao mapa conceptual , antes de realizalo tivemos que probar diferentes páxinas web, para atopar a que nós consideramos máis sinxela. Aínda así, dubidamos se eliximos a correcta xa que nós non temos experiencia nas aulas e polo tanto descoñecemos as habilidades do alumnado e as posibles dificultades que se lle poden presentar.
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro
Laura Sanluis Ruibal
Raquel Suárez González
Paula Veiga Beceiro

Comentarios
Publicar un comentario